ADIÓS a «Pepe de A Guardesa

pepe (Copiar)«Pepe de A Guardesa» co seu abrigo azul luce orgulloso ao carón dos selos que divulgarían a súa querida estación do seu Barrio da Ponte. 

Hoxe amaneciamos coa triste nova do pasamento do noso amigo, do noso compañeiro José Iglesias Álvarez  » Pepe de A Guardesa». Compartimos con él momentos inesquecibles como o desta imaxe que el mesmo nos agasallou a cada un dos que aparecemos nela. Corresponde a presentación dun selo dedicado á chegada do AVE a Galicia e outro dedicado a Estación Ourense Empalme, a súa querida e valorada estación que defendeu coma ninguén. E alí queremos lembrarnos del.. tal e como estaba alí, cunha grande ilusión que nos contaxiou a todos.
Desaparece con el a memoria viva de Ponte Canedo, pero nós non esqueceremos nunca a súa compaña e as súas palabras de ánimo, apoio e alento en cada unha das nosas actividades.

Pepe, quedas para sempre con nós!!!

D.E.P.

NOTA: O domingo 10 de marzo de 2013, ás 17h sae desde a sala nª4 do Tanatorio das Burgas cara ao Cemiterio das Caldas e o luns ás 19h o funeral na Ponte.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: