As IBEREX son mostras filatélicas competitivas galaico-portuguesas, sen fins lucrativos, que se veñen organizando e realizando en estreita colaboración da «Federación Galega de Sociedades Filatélicas» (FEGASOFI) coa “Uniao de Colectividades Filatélicas do Norte de Portugal” (UFINOR), facendo realidade o contido do protocolo cultural de amizade e colaboración filatélica, en igualdade de condicións, establecido cos irmáns portugueses asinado en Barcelos o 3 de maio de 1986, reafirmado en 1995 en Santo Tirso, e redactado e asinado un novo Protocolo o 16 de novembro de 2008 en Cangas do Morrazo, con motivo da XXVI Exposición Filatélica da Federación Galega “EXFIGALICIA 2008” entre galegos e portugueses
Froito deste protocolo, véñense celebrando cada dous anos, nos dous lados da fronteira, en Galicia e Portugal as mostras filatélicas IBEREX, nas cales participan expositores de toda Galicia e Portugal, estreitando uns lazos culturais dignos de ser destacados e merecentes de acadar o maior apoio, ante os éxitos acadados na defensa e difusión da nosa cultura galega e portuguesa, gañando asemade, un destacado historial ao traveso do tempo.
Deica o presente foron realizadas as seguintes IBEREX:
I IBEREX-PORTO: 13-20 outubro de 1979.
II IBEREX-VIGO: 11-19 setembro de 1981.
III IBEREX-CHAVES: 22-30 outubro de 1983.
IV IBEREX-A CORUÑA: 26 outubro.-3 novembro de 1985.
V IBEREX-POVOA DE VARZIN: 19-27 outubro de 1987.
VI IBEREX-SOUTOMAIOR: 11-20 agosto de 1989.
VII IBEREX-PORTO: 8-17 novembro de 1991.
VIII IBEREX-OURENSE: 1-9 maio de 1993.
IX IBEREX-BRAGA: 28 outubro – 4 novembro de 1995.
X IBEREX-VIGO: 4-12 xullo de 1997.
XI IBEREX-GUIMARAES: 12-22 abril de 2000.
XII IBEREX-TUI: 11-19 outubro de 2002
XIII IBEREX-SANTO TIRSO: 26 nov- 4 decembro de 2003
XIV IBEREX-VIGO: 4-12 decembro de 2005
XV IBEREX-BOTICAS: 24 novembro-2 decembro de 2007.
XVI IBEREX-VIGO: 29 outubro- 6 novembro de 2010
Nota: Tal como se pode ver na relación, celébrase en Galicia e Portugal de xeito alternativo.
Dada a importancia de que Ourense sexa Capital Cultural do Eixo Atlántico, solicitamos á “Uniáo de Colectividades Filatélicas do Norte de Portugal” (UFINOR) e a Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI) o cambio de ubicación do evento, é foi aceptado por considerar ámbalas dúas partes que a Capitalidade Cultural do Eixo Atlántico de Ourense merece ser resaltada cun evento que une especificamente as localidades abarcadas polo eixo.