As EXFIGALICIA son mostras filatélicas que a Federación Galega de Sociedades Filatélicas FEGASOFI ven organizando e realizando en colaboración coas súas sociedades federadas; do ano 1969 ata 1980 celebráronse anualmente e dende 1982 varía a periodicidade en vilas e cidades de toda Galicia. É a máis importante mostra filatélica competitiva, de carácter autonómico que se celebra en Galicia.
Debido ao protocolo de amizade e colaboración filatélica en igualdade de condicións establecido cos irmáns portugueses da “Uniáo de Colectividades Filatélicas do Norte de Portugal” (UFINOR) asinado en Barcelos o 3 de maio de 1986, reafirmado en 1995 en Santo Tirso, e redactado e asinado un novo Protocolo o 16 de novembro de 2008 en Cangas do Morrazo, con motivo da XXVI Exposición Filatélica da Federación Galega “EXFIGALICIA 2008” entre galegos e portugueses, na EXFIGALICIA participan coleccionistas dos dous lados da fronteira.
No ano 2016 organízase e celébrase a súa XXVIII edición, no mes de maio en Ourense da man da Sociedade Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño.
Deica ao presente ano foron realizadas as seguintes EXFIGALICIA:
1969 Ponferrada (a solicitude da Casa de Galicia nesa cidade) | 07-09 setembro |
1970 A Guarda | 02-05 agosto |
1971 Pontedeume | 08-15 agosto |
1972 A Coruña | 12-20 agosto |
1973 Barco de Valdedorras | 02-05 agosto |
1974 As Pontes | 14-21 setembro |
1975 Ferrol | 7-11 xuño |
1976 Vigo | 30 outubro-07 novembro |
1977 Sada | 13-20 agosto |
1978 Tui | 1-04 abril |
1979 Pontedeume | 29 xullo-2 agosto |
1980 As Pontes | 6-11 setembro |
1982 Ferrol | 17-28 xullo |
1984 Pontevedra | 10-19 agosto |
1986 Vigo | 13-21 decembro |
1988 Ourense | 5-12 novembro |
1990 Ferrol | 20-30 xullo |
1992 Tui | 27 xuño-04 xullo |
1994 Santiago | 14-24 outubro |
1996 Tui | 10-17 abril |
1998 A Guarda | 10-16 agosto |
2000 Tui | 27 abril- 1 maio |
2003 Ourense | 27 outubro-3 novembro |
2004 Tui | 16-24 abril |
2007 A Guarda | 12-20 outubro |
2008 Cangas do Morrazo | 10-18 outubro |
2014 A Guarda | 4-12 outubro |